O historiador porriñés Diego Giráldez presentou o seu novo libro, MARUCOGA, un traballo de investigación que saca a luz novos datos sobre o proxecto industrial que posibilitaría a creación no Porriño dunha das empresas máis importantes da vila: Frigolouro.
Neste o seu terceiro libro, Giráldez investiga na historia do que foi o primeiro e único Matadoiro Industrial Cooperativo de Galicia, e tamén no contexto dunha vila, O Porriño, no transcurso de dúas décadas: entre 1924 e 1949.
Un gran fondo gráfico, con algunhas imaxes inéditas, acompañan este estudo que pretende ser "a proba de que algunhas etapas da historia do Porriño son ineludibles para o total entendemento da historia contemporánea do país", segundo aclara o seu autor.
O cooperativista histórico e presidente da fundación Castelao Avelino Pousa Antelo encargouse do 'Limiar' desta publicación e o profesor de Historia da Economía da Universidade da Coruña, Alberte Martínez López da 'Introducción'.